miércoles, 2 de mayo de 2018

Equus Zebra 2018

Participo, grazas ao proxecto PEINAS, nunha asociación chamada Equus Zebra que se atopa na cidade da Coruña. Por que elixiron este nome? Pois por dous motivos que dan sentido á organizacion e aos principios que pretenden acadar: por unha parte, ese nome significa “cebra de montaña” en latín, e o único sitio onde podemos atopala é no continente africano. Por outra parte, este animal foi seleccionado pola convivencia que teñen os seus dous colores representativos que, en principio, son totalmente opostos. De aquí nace unha metáfora que representa a toda acción que realizan: aprender a respetar todas as culturas e, polo tanto, integrar persoas en risco de exclusión social.

Lévanse a cabo diferentes tipos de traballos, dende os que están baixo o título de ACCIÓN SOCIAL (sensibilización, orientación laboral, formación, atención psicolóxica,...), como de RECICLAXE (recollida de mobles, roupa, etc que está en bo estado e que se lle pretende dar un segundo uso), de TENDA SOLIDARIA (onde se venden os productos reciclados para cubrir os gastos da asociación entre os que están a entrega de X kg de comida a cada familia que o precise) e de SERVIZOS (como mudanzas, limpezas,...).

No meu caso, formo parte da parte de acción social xa que me encargo de apoio escolar, de dar a merenda e de realizar talleres, obradoiros,... a nenos de entre 9 e 14 anos. Ao principio, pensei que o meu traballo, ao só asistir un día á semana, iba ser máis ben pouco; mais non foi así, xa que dende o primeiro día confiaron en min e puxéronme “ao mando” dunha clase enteira. 

Baixo o meu punto de vista, creo que aprendín moito máis do que puiden ensinar. Xa non só a nivel contidos teóricos, xa que refresquei moitos coñecementos que nin me acordaba de que os posuía, se non que a nivel moral. Vin máis de cerca as situacións nas que se atopan os nenos migrantes e coas cales teñen que convivir todos os días: acoso escolar, falta de alimento, falta de produtos básicos como roupa, calzado, mochila escolar,... E, ademais, fixo que esta profesión me gustara moito máis xa que, a parte de tomar contacto (por fin!) coa realidade dos pedagogos e pedagogas, collín confianza en min mesma e pasei de dubidar de se realmente podería facelo a darme conta de que durante un mes e algo, fun capaz de entender, axudar e ensinar a un grupo numeroso de rapaces. Pero non só foi mérito meu, se non que eles teñen un interese incríbel por aprender cada vez máis e máis. Estou realmente agradecida cos profesores que permitiron levar isto a cabo e coa asociación, que me deixou ser unha máis todo o tempo que estiven alí.

Nazaret Seoane Vales

No hay comentarios:

Publicar un comentario