miércoles, 3 de mayo de 2023

NOVIDADES PEINAS 2023 - OLLADAS

 O servizo prestado NESTE 2023 centrouse en varios aspectos: 

1. Sensibilización das problemáticas cotiás que sofren as persoas migrantes e etnicamente diversas. Por medio da realización de entrevistas en formato videopodcast, o noso alumnado tentaba afondar nas vidas das persoas protagonistas. Así, por medio da gravación, e posterior difusión, destes vídeos podemos acadar maior coñecemento sobre as realidades particulares deste colectivo. 

2. Promoción do papel das entidades do terceiro sector. O proxecto serviu para evidenciar a importancia da xestión da diversidade cultural desde as entidades do terceiro sector. Así, por medio da voz dos seus usuarios/as ponse en valor o traballo feito polos técnicos/as e o impacto que ten nas dinámicas de inclusión. 

3. Por último, tamén se fomentou a creación de redes informais entre entidades, persoas entrevistas e alumnado universitario da materia pedagoxía intercultural, de tal xeito que os mozos e mozas da USC puideran coñecer de primeira man a outros xóvenes diferentes a eles/as e establecer vías de amizade que redundasen en beneficios para ambas partes.

miércoles, 1 de marzo de 2023

PROXECTO PEINAS 2023

 Comeza unha nova andaina do proxecto PEINAS da USC. Nesta edición 2023, retómase a presencialidade total con aquelas entidades que mostraron disposición. Así, seguiuse coa revista “Olladas”, iniciada en 2021, na que publicamos contidos en diferentes Redes Sociais. O proxecto procurou a posta en valor de traxectorias e problemáticas de persoas migrantes e étnicamente diversas. Deste xeito, a través da realización de videopodcast (www.youtube.com/@OlladasInterculturais ) e a publicación de diferentes contidos en Redes Sociais o noso alumnado estableceu contactos directos con persoas que evidenciaron as problemáticas individuais e dánse a coñecer ao gran público por medio de diferentes medios. Asemade, e de maneira paralela, tamén se pretendeu promover o coñecemento e laboura que fan entidades do terceiro sector e a propia administración local na xestión da diversidade cultural.

martes, 31 de mayo de 2022

PREXUÍZOS E PEDAGOXÍA INTERCULTURAL: O POBO XITANO

 Lores Alonso, Mónica

Macía Núñez, Soraya

Míguez Pena, Alejandra I.

Muíños García Elena


O proxecto Peinas, realizado durante o segundo semestre do Grao en Pedagoxía da USC, ten o obxectivo de informar, divulgar e visibilizar a interculturalidade. Como xa sabemos, este concepto define un enfoque, un procedemento, un proceso, unha dinámica de natureza social para dar pulo á conciencia da interdependencia, para eliminar aqueles prexuízos e estereotipos que se dan de cara ás culturas que non son a nosa propia.

Con esa intención, o primeiro grupo, formado por Mónica Lores, Soraya Macía, Alejandra Míguez e Elena Muíños, apostamos por facer unha primeira busca intensiva sobre o pobo xitano: as súas orixes, costumes e ritos; para visibilizar aquelas semellanzas e fíos condutores que nos unen, e así, pensar nas cousas que temos en común e non nas diferenzas. Asemade, tivemos a sorte de enriquecernos culturalmente e romper cos estereotipos arraigados na sociedade traballando xunto a Fundación Secretariado Gitano (FSG), que nos abriron as portas para coñecer o seu traballo de primeira man. Grazas a Lorena, Pablo e Miriam puidemos coñecer as barreiras ás que se teñen que afrontar continuamente as persoas xitanas no ámbito social, laboral e educativo. Pese a que nos vimos con mais carga da que pensabamos xa que a intencionalidade era traballar esas dúas primeiras semanas que nos correspondían como primeiro grupo e estivemos traballando case ata o final do proxecto, temos que recoñecer que esta experiencia serviunos para ter un maior contacto cunha realidade que descoñeciamos e para poder fortalecer as nosas competencias como futuras profesionais da educación.

Vímonos tendo que saír da nosa zona de confort e téndonos que por nos en contacto coas persoas e iso tamén outorgounos un crecemento a nivel persoal.

EDUCACION INTER-RELIXIOSA

Vilariño Gil, Manuel Alejandro

Ávila Carrera, Nerea

Cambeiro Esperante, Gabriel


España  é un país aconfesional, e  dicir,  non ten  unha  relixión oficial. Con respecto  as clases  confesionais dás diferentes  relixións presentes en España están: Relixión católica, mediante ou  concordato  co Vaticano.  Islamica,  Xudea e  Ecanxelista nos  acordos de colaboración  do ano 1992.

Para tratar a diversidade relixiosa na escola, os centros redactan un plan de convivencia que ditase as intervencións necesarias para lograr a igualdade intercultural 

Os plans de convivencia relixiosa son imprescindibles para asegurar unha igualdade educativa nos centros escolares, seguindo a lei, todos os centros deben realizar adaptacións tanto de convivencia como curriculares, permitíndolle a todos os alumnos de cultura minoritaria continuar respectando os seus costumes dentro do centro escolar 

A  saída a Xinzo  foi unha experiencia enriquecedora e práctica. Este tipo de  exercicios fan que ou alumnado participe e relaciónese  transmitindo  as  súas inquietudes.  Isto,  permitiunos  falar con  persoas de distintos colectivos dás cales aprendemos  moito e  as que destaparon mitos dando a  coñecer a ignorancia patente  na  sociedade. Para que nos  deamos de  conta de que  aínda quédanos  moito  camiño que  percorrer como  comunidade.

O DEREITO INTENACIONAL Á EDUCACIÓN

 Sara Casares, 

Margarita Barbosa 

Carlos Barcala.

Grazas á participación no Proxecto Peinas puiden profundizar máis nalgunhas temáticas relacionadas coa intercultralidade, visibilizando a situación das persoas pertencentes a colectivos interculturais da nosa contorna, indagando sobre a súa situación en base a datos reais que nos aportan coñecemento sobre o funcionamento da súa integración, e que tal e como puidemos comprobar non é efectiva, queda moito por facer. No noso caso traballamos sobre a temática do dereito a educación e tras informarnos un pouco ao respecto démonos de conta de que a pesar de ser un dereito universal que debería estar garantizado para todo o mundo aínda existen moitos países nos que máis da metade da súa poboación infantil está sen escolarizar. O dereito á educación aparece recollido na

Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro de 1948). No seu artigo 26, establécese, primeiro, que “toda persoa ten dereito á instrución” e, segundo, que “será gratuíta, polo menos a elemental e fundamental”. Aínda que este dereito este recolleito en documentos e recoñecido como dereito fundamental do ser humano, nalgúns países non se chega a cumprir debido abrigo a emerxencias humanitarias e longas crises. A pobreza é a maior barreira de acceso á educación.

Este proxecto tamén nos achegou as asociacións que temos máis próximas es que realizan tarefas de voluntariado en materia de diversidade cultural e integración , no noso caso, aínda que non se chegou a realizar a entrevista final, puidemos falar con Médicos do Mundo, o cal sen dúbida resultou unha experiencia moi enriquecedora.

MULLER E INMIGRACIÓN

 Alberdi García, Laura

Alonso Cubillo, Laura

Amorín Gómez, Uxía

Vázquez Romay, Alexandre

Ante a posibilidade de facer unha breve descrición e explicación sobre a participación no programa PEINAS, crese preciso destacar, antes que nada, a importancia e o interés do tema tratado. Así, a temática que se lle outorgou ao Grupo 2 deste proxecto foi “Muller e Inmigración”, para a cal se comezou coa presentación dos conceptos clave como “inmigración” e “migración” para, posteriormente, utilizando a idea dunha línea temporal, explicar o rol da muller durante o paso dos séculos e contrastar todas as ideas que se tiñan sobre este asunto, coa Asociación Centinelas.

O paso por este programa de aprendizaxe/servizo estivo moi marcado pola situación epidemiolóxica, observando así que o contacto con diferentes persoas ás que entrevistar viuse algo privado, mostrando, pola súa banda, certas reticencias coas condicións que se lles ofertaban. Pese a isto, considérase que o traballo realizado foi coherente e axeitado ao que se solicitaba no momento no que se accedeu a participar neste programa.

A ocasión de presenciar as experiencias daquelas/daqueles profesionais que tratan con situacións e persoas altamente condicionadas pola súa procedencia e posición económica, semellou do todo enriquecedora. É ese o motivo polo que se viu condicionada a escolla desta temática, cando se brindou a oportunidade.

jueves, 13 de mayo de 2021

OLLADAS_05 PEDAGOXÍA INTERCULTURAL E SOCIEDADE CIVIL

Laura Dapía Lamil

Bárbara Tomé de Bordóns

Elba Calviño Bugallo

Jésica García García


Tratando a temática da pedagoxía interculutral e sociedade civil, traémosvos dúas entrevistas tratando dous tipos de servizos relacionados directa e indirectamente co terceiro sector, sendo a primeira a  
 
ENTREVISTA A IDA CARRUIDO, licenciada en criminoloxía e con máster en maketing político, é unha muller orixinaria de Venezuela e creadora da iniciativa e creadora da iniciativa de difusión Boleto Ida en instagram, sobre temas de estranxeiría, inmigración e asilo en España
 
 
Parte 1: https://www.instagram.com/tv/COLSFKrovZm/ 
Parte 2: https://www.instagram.com/tv/COLVNc7IIEg/
 

ENTREVISTA A SARA GARRIDO:  e como segunda invitada traemos a orientadora educativa na Fundación Secretariado Xitano este último ano, anteriormente desempeñou outras funcións ligadas á formación de persoas adultas e conta con experiencia noutras entidades do terceiro sector, sobre todo ligadas á educación

 


https://www.instagram.com/tv/COa6hfooct2/