martes, 31 de mayo de 2022

PREXUÍZOS E PEDAGOXÍA INTERCULTURAL: O POBO XITANO

 Lores Alonso, Mónica

Macía Núñez, Soraya

Míguez Pena, Alejandra I.

Muíños García Elena


O proxecto Peinas, realizado durante o segundo semestre do Grao en Pedagoxía da USC, ten o obxectivo de informar, divulgar e visibilizar a interculturalidade. Como xa sabemos, este concepto define un enfoque, un procedemento, un proceso, unha dinámica de natureza social para dar pulo á conciencia da interdependencia, para eliminar aqueles prexuízos e estereotipos que se dan de cara ás culturas que non son a nosa propia.

Con esa intención, o primeiro grupo, formado por Mónica Lores, Soraya Macía, Alejandra Míguez e Elena Muíños, apostamos por facer unha primeira busca intensiva sobre o pobo xitano: as súas orixes, costumes e ritos; para visibilizar aquelas semellanzas e fíos condutores que nos unen, e así, pensar nas cousas que temos en común e non nas diferenzas. Asemade, tivemos a sorte de enriquecernos culturalmente e romper cos estereotipos arraigados na sociedade traballando xunto a Fundación Secretariado Gitano (FSG), que nos abriron as portas para coñecer o seu traballo de primeira man. Grazas a Lorena, Pablo e Miriam puidemos coñecer as barreiras ás que se teñen que afrontar continuamente as persoas xitanas no ámbito social, laboral e educativo. Pese a que nos vimos con mais carga da que pensabamos xa que a intencionalidade era traballar esas dúas primeiras semanas que nos correspondían como primeiro grupo e estivemos traballando case ata o final do proxecto, temos que recoñecer que esta experiencia serviunos para ter un maior contacto cunha realidade que descoñeciamos e para poder fortalecer as nosas competencias como futuras profesionais da educación.

Vímonos tendo que saír da nosa zona de confort e téndonos que por nos en contacto coas persoas e iso tamén outorgounos un crecemento a nivel persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario