DESCRIPCIÓN DO PROXECTO

O Proxecto PEINAS (PEdagoxía INtercultural e Aprendizaxe-Servizo), pretende establecer unha modalidade de aprendizaxe baseada na experiencia, o denominado Aprendizaxe-Servizo. Seguindo esta metodoloxía, pretendemos vincular as funcións educativa e a social da Universidade.  O obxectivo é combinar nun só proxecto aprendizaxe e servizo á comunidade, buscando sempre unha mellora da contorna e un enriquecemento persoal. Para isto curriculum e práctica deben estar estreitamente ligados, procurando en todo momento a correspondencia e coherencia entre ambos. 

Neste senso, a nosa intención é que algúns dos alumnos da materia de Pedagoxía Intercultural situada no 2º Cuadrimestre do 2º Ano do Grao en Pedagoxía, podan desenvolver unha acción de Aprendizaxe-Servizo no marco dunha asociación de inmigrantes. Esta experiencia será en todo momento supervisada e conectada cos contidos da materia mediante un seguimento persoal e grupal. Do que se trata é de conseguir o maior vínculo posible entre o ámbito académico-curricular e a práctica social na que estean implicados.

·        Destinatarios:
Alumnado da materia de Pedagoxía Intercultural do Grao en Pedagoxía

·        Coordinación:

Grupo de Innovación Docente PAIDEIA - Grupo de Investigación Esculca - USC

·        Período:
2º Cuadrimestre (Febreiro - Maio)

·        Obxectivos:
o   Coñecer a realidade social e educativa que viven diariamente as difrentes comunidades culturais en Galicia.
o    Analizar a importancia do asociacionismo na xestión da inmigración.
o   Participar e desenvolver algún programa ou actividade ofrecido polas asociacións receptoras.
o   Relacionar o curriculum da materia de Pedagoxía Intercultural co servizo establecido nas asociacións.
o  Acadar os obxectivos académicos establecidos para a materia de Educación Intercultural.

·        Seguros e permisos
o   O Servizo de participación e integración universitaria da USC asegurará como voluntarios aos estudantes participantes do programa. 

·        Avaliación
o   A avaliación terá que facerse no marco da materia de Pedagoxía Intercultural. Será computada pola parte práctica da materia.
o   Para a valoración da experiencia tomarase en conta:
§  Titorías de grupo (terá lugar unha por mes a fin de relacionar contidos e experiencia)
§  Titorias individuais e adaptadas.
§  Portafolios da experiencia, onde se recollan:
·         Obxectivos
·         Ensaio crítico ( relacionando contidos e  experiencia)
·         Valoracións
·         Opinión das asociacións receptoras.
  
·        Que aprenden os alumnos universitarios
o   Coñecemento pedagóxico, específico da materia de Pedagoxía Intercultural e da Licenciatura de Pedagoxía en Xeral.
o   Coñecementos xenéricos en torno a culturas e pobos. 
o   Habilidades persoais, relacionais, sociais e cívicas.
o   Competencia Intercultural

·        Que beneficio teñen as asociacións
o   Servicio especializado por parte de alumnos universitarios sen ter que asumir custe algún.
o   Posibilidade de conexión cos futuros profesionais da educación.
o   Actualización e posta en valor do coñecemento pedagóxico.
o   Convenio marco coa Universidade de Santiago de Compostela.

·        Coordinadores Do Proxecto
o   Miguel A. Santos Rego
Miguelangel.santos@usc.es

o   Alexandre Sotelino Losada
Alexandre.sotelino@usc.es

Tel. 881 813 890

No hay comentarios:

Publicar un comentario