martes, 24 de abril de 2018

Experiencia en Plural.es - Caldas de Reis. 2018

No ano 2007, nace a asociación intercultural plural.es (Caldas de Reis) como resposta á chegada ao pobo de persoas orixinarias doutros países, que senten a necesidade de asociarse coa finalidade de ser quen de construir un pobo onde se recoñezan e respeten as diferenzas, así como de traballar na procura dunha convivencia pacífica entre todos/as os/as caldenses. 

O seu labor centrouse en acompañar a estas persoas inmigrantes no seus primeiros pasos no noso país: obtención de papeis, procura de aluguer, matricula de papeis escolares para os seus fillos e fillas, documentos sanitarios etc. Despois deste proceso, levouse a cabo a sensibilización da civilización autóctona co fenomeno das migracións quen fixo que nos achegarmos a poboación en xeral. 
As diferentes actividades traatánse de que cativos, mozos e adultos asistan nos centros escolares, na biblioteca, no auditorio, nos centros parroquiais ou na rúa as diferentes charlas, cursos, festivais, actos e xornadas lúdicas e de convivencia. Así mesmo, é necesario resaltar que a asociación achégase a temas como a cultura, tradicións, gastronomía, música ou traxectorias migratorias persoais. En difinitiva, o proceso engloba seis puntos prinicipais: 

• Acollida 
• Sensibilización da poboación autoctona 
• Integración 
• Inclusión
 • Enriquecemento 
• O papel da muller nos procesos migratorios 

O seu lema principal é plural.es, máis iguais que distintos, polo que se centran en marcar os puntos en común das diferentes culturas. 

A aprendizaxe levado a cabo ata o momento é bastante significativo xa que temos contacto directo coas persoas. É un aprendizaxe vivencial esencial para a nosa formación como profesionais da educación. Ademáis é do noso interese resaltar a metodoloxía de dinamización cultural, inclusión e concienzación coa que traballamos na asociación.

María Alonso; Natalia Paz; Yaiza Sieira

No hay comentarios:

Publicar un comentario