Esta organización, é unha asociación independente que traballa para poder defender o dereito da saúde que todas as persoas teñen dereito a ter, especialmente aquelas que viven nunha situación de pobreza, inequidade de xénero e nunha exclusión social ou que son vítimas da crisis humana que se produce neste momento.
Nestes dous meses tiven o privilexio de entrar nun dos proxectos que tiñan para desenvolver, o Xogo da Oca. Este xogo trata sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que querían promover o coñecemento destes dereitos, dunha forma divertida e dinámica para persoas de todas as idades.

Os obxectivos que pretendemos acadar son:
- Fomentar e motivar a implicación na defensa dos dereitos humanos universais.
- Tratar diferentes tipos de estereotipos e prexuízos cara diferentes colectivos.
- Favorecer que aos xogadores/as tomen conciencia da importancia dos dereitos humanos e a gravidade do seu incumprimento.
Para poder xogar, os participantes teñen que seguir as seguintes normas:
• Os grupos estará formados por 4 ou 5 persoas.
• Respetaránse os turnos.
• Entre as persoas dos equipos poñeranse de acordo sobre os roles que desempeñarán. Os que fagan de dados estarán xuntos e deberán acordar orde en que tirarán.
• Quen desempeñe o rol de ficha deberá explicar en alto o contido de cada casilla e se o dereito está escrito deberase leer.
• A primeira imaxe será a saída, onde as persoas que fagan de fichas deberán estar colocadas.
• O xogador que caia nas casillas onde está representada unha caricatura dun médico pasará ao siguinte dereito e volverá a tirar.
• Un participante do grupo tirará o dado, outro fan de ficha e o resto dedicarase a realizar as probas.
• Si se cae na casilla da morte, volverase a empezar a xogar.
• Si se cae na casilla do pozo pérdese unha xogada, nela terá que realizar unha pequena proba, esta consistirá en quedarse quieto sin moverse nin falar ata que lle volva tocar a xogar.
• Si se cae nas casillas onde están as interrogacións terán que realizar unha serie de probas que se lles darán escritas.
• O primeiro que chegue a casilla final VOLUNTARÍZATE, gaña.
Cabe destacar que foi un xogo no que se traballou moitas horas e no cal a vez puidemos aprender moito desta organización.
Milagros Cordal Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario