O noso proxectas de PEINAS foi realizado na Cruz Vermella compostelá a cal se encontra na Avenida de Lugo. Dentro desta estivemos no proxecto Ebae no cal podemos encontrar á nosa coordinadora, Olaya. Este proxecto está dirixido á reinserción laboral e sobre todo acoden a el xente estranxeira. Á pregunta de, que é Cruz Vermella? A Cruz Vermella existe dende 1864 e é unha institución Humanitaria de ámbito internacional - xa que a podemos atopar ao redor de 180 sedes desta institución repartidos en diferentes países do mundo. Ten un carácter voluntario e é de interese público. Actúa a favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados, intentando solucionar estas diferenzas e que teñan a vida digna que todo ser humano merece e debe ter. As fontes de ingreso da Cruz Vermella son moi diversas sendo a maioría delas da prestación e venda de servizos - un 40%-, o 32% provén de subvencións, o 19% de captación de recurso e o 5% de todos os donativos que ofrece a sociedade. A pesar de que a Cruz Vermella non dependa do Estado, intenta actuar como auxiliar e colaboradora de os poderes políticos
O proxecto no que nos somerxemos atende a una metodoloxía de aprendizaxe-servizo. Esta metodoloxía educativa, consiste en unir a aprendizaxe co compromiso social, é dicir, a entidade, neste caso Cruz Vermella, ofrécenos unha aprendizaxe e nós a cambio ofrecemos un servizo.
Procedemos así, a combinar o currículo académico co servizo comunitario, co obxectivo de enriquecer, en maior medida, a experiencia educativa e educarnos en termos de civismo e implicación social. No programa no que participamos –EBARE- céntrase na inserción laboral tendo como obxectivo proporcionar igualdade e oportunidade no acceso ao mercado laboral así como no mantemento dun posto de traballo. En definitiva de lograr a inserción dos participantes e, por outra banda, mellorar a súa empleabilidade dotándoos das competencias precisas. En relación coas aprendizaxes que realizamos podemos mencionar estes:
- Aumentar o noso coñecemento no ámbito de inserción e orientación laboral.
- Adquisición de competencias para a coordinación de proxectos.
- Mellora de competencias en mediación pedagóxica.
- Mellor capacitación para traballar en grupo.
- Adquisición de coñecementos en certos ámbitos do mundo laboral.
- Sensibilización e empatía de diferentes colectivos.
Pero destacando unha das aprendizaxes foi a resolución de conflitos xa que en máis dunha ocasión xeraronse conflitos na aula, nos cales tivemos que actuar ca máxima rapidez posible e en coordinación. Axuntamos algunha das fotografías que fixemos do noso paso pola Cruz Vermella.
Cristina A., Ixchel, Cristina S. e Patricia
Cruz Vermella - Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario