A entidade na que imos facelo servizo é Cáritas, e máis en concreto Cáritas Interparroquial de Santiago. O centro no que traballamos, ocúpase das ofertas de traballo e presta axuda a tódalas persoas no que atinxe á xestión administrativa de temas relacionados coa vida laboral, mais sobre todo á poboación inmigrante xa que é esta a que precisa máis axuda neste ámbito concreto. O servizo concreto que imos realizar é o de axudar coas fichas das persoas que van buscar ofertas de traballo ao centro e a súa clasificación. Estando en contacto directo con estas persoas, vemos como realmente é a súa complicada e incomprendida situación. Como xa dixemos a este lugar acuden persoas que buscan un emprego, apuntarse nalgún dos cursos que ofertan periódicamente, acuden a clases de español que alí lles imparten ou axuda para poñer en regra documentos ou facer algún tipo de trámite legal (neste último caso as persoas que solicitan este servizo son case sempre inmigrantes, loxicamente). Tras acudir préstaselles a axuda pertinente, tendo en conta a súa situación familiar e económica, xa que non tódalas persoas que van teñen os mesmos problemas para manterse ou manter ás súas familias. Algúns dos papeis que se lles axuda a arreglar son documentos para poñer en regra a súa situación en España por motivos de arraigamento, casamento, etc.; a petición aos seus países de orixe para traelas súas familias ou fillos e fillas; solución de documentos de extranxeiría, ou axuda para a súa comprensión...
As posibles aprendizaxes da materia e da titulación son varias. Dado que a materia é Pedagoxía Intercultural e moitas das persoas que acuden á entidade son inmigrantes e, sobre todo, mulleres, o contacto e aprendizaxe das situacións que plantexan ao acudir a Cáritas, permítennos ter unha visión máis global da súa situación e os problemas ou dificultades (e as posibles solucións) aos que, como inmigrantes, se enfrontan. De cara á aprendizaxe dentro da titulación de Pedagoxía este proxecto de servizo- aprendizaxe e a colaboración que realizamos co labor da entidade, apórtanos a posibilidade de por en práctica o posible traballo que nun futuro, realizaremos como pedagogas. Ademáis de documentarnos sobre como traballan e se estructuran as organizacións que se dedican a facer unha labor social tan importante como a que nesta se fai, axudar ás persoas a resolver problemas que de outra forma non poderían resolver eles sos xa que se encontran nunha situación de risco social e abandono por parte das institucións.
Aldara García e Andrea Isabel Sarotti
Cáritas - Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario