martes, 19 de mayo de 2015

Cruz Vermella - Xinzo da Limia

Son Estela e todas estas semanas estiven participando no proxecto PEINAS como traballando na Cruz Vermella de Xinzo de Limia (Ourense).

A pesar de que, ó principio a miña participación era reducida, todo este tempo pertencendo a dita entidade constituíu, para min? unha excelente experiencia, repetible sin dùbida. Ademáis, ó estar en contacto con xente tan diversa, non podes parar de aprender. 
                            
Conforme foron pasando as semanas, comecei a introducirme de cheo nas actividades, sempre me trataron como unha máis. De feito, facíanme sentir que a miña participación era necesaria. Realizamos numerosas actividades, como por exemplo: preparación da campaña do día Mundial da Saùde, realización de cursos como o de Aforro Domèstico, teleasistencia domiciliaria para persoas maiores, configuración de manualidades, etc..          
                                                            
Esta experiencia, ademáis, servíume para entrar en contacto coa entidade e poder, por conta propia, continuar de voluntaria todo o tempo que poida.

Ti eres o que ofreces o servizo pero eles son os que che proporcionan a ti verdadeiros coñecementos de humanidade.

Estela Villarino
Cruz Vermella - Xinzo da Limia

No hay comentarios:

Publicar un comentario