lunes, 1 de junio de 2015

Fund. Juan Soñador - Teranga - Ourense



Somos Laura e Sandra, a nosa implicación no Proxecto PEINAS foinos facilitada en Teranga-Ourense para levar a cabo metodoloxías fundamentadas no aprendizaxe-servizo.

Teranga nace en 2005 en Vigo, como un programa da asociación Juan Soñador para a atención a persoas inmigrantes, o cal é desenvolvido posteriormente en toda Galicia.

En 2008, incorpora o programa de inserción laboral, ó cal destina a súa principal actividade na actualidade.
Teranga trata de dar resposta ás necesidades que presenta a poboación inmigrante, sendo para ela un punto de apoio na súa inserción socio-laboral.

O método de traballo seguido na sede de Ourense, baséase en proxectos e programas formativos e de acción.
Nun primeiro momento, acórdanse citas de coñecemento e seguimento das que se derivarán os servizos requiridos posteriormente, conformando así un fío de accións concatenadas para a formación e axuda integrais.

As áreas a atender dende a entidade, das que nós puidemos observar a maior parte, correspóndense con centros de encontro e café-debates, reunións iniciais e de seguimento, puntos TIC, reunións laborais, axuda en procesos burocráticos, pisos de acollida, cursos (o vixente no momento era o de español), actividades organizadas fóra da entidade, en colaboración con Salesianos...
A nosa experiencia foi moi grata, e dela sacamos en claro unha formación alternativa que non podería ser posible de non enfrontarnos a contextos reais.

Laura e Sandra
Teranga - Ourense

No hay comentarios:

Publicar un comentario