miércoles, 10 de marzo de 2021

OLLADAS_02: CONVERSATORIO DE REVISTA HABLADA: RACISMO E INTERSECCIONALIDADE

Por

Paula Campos Álvarez

Lucía Iglesias Tallón

 

A nosa colaboradora nesta entrevista é Johely Barrios, unha muller de 25 anos natural de Colombia que, actualmente, vive en Baiona. Conversando con ela puidemos decatarnos da fatídica existencia que o racismo segue tendo entre os/as membros/as da nosa sociedade.

Pero nesta charla ,non falamos do racismo en xeral ,senón do racismo cara as mulleres inmigrantes, as cales sofren  a carga de ser muller, ademais da de pertencer a outra cultura nunha sociedade autóctona que aínda non descubriu o significado e importancia da palabra inclusión. Profundizamos en temas como a fetichización das mulleres latinas, a apropiación cultural das mulleres brancas sobre características doutras culturas, adificultade que unha muller inmigrante ten para conseguir un traballo digno, a extrema necesidade de inclusión, os microracismos e, por suposto, como se pode afrontar este tema dende un punto de vista educativo. 

Consideramos que a mensaxe, que Johely nos pretende transmitir é de vital importancia para que a humanidade evolucione, para que os prexuízos raciais e machistas desaparezan, para que a inlcusión sexa unha realidade nos centros educativos e nas relacións sociais e, sobre todo, para que a muller sexa respetada en todo o mundo. Coñecer o punto de vista dunha persoa que viviu todo o proceso de adaptación, que loitou e segue loitando, por triunfar nun mundo hostil e descoñecido, que sendo muller e inmigrante conseguiu superar esas barreiras para ser hoxe unha xoven independente e con unha carreira ascendente...

Coñecer esta opinión é realmente beneficioso para as nosas mentes en proceso de aprendizaxe,e ,ademais, realmente beneficioso para a sociedade,á que tanto lle queda por aprender e mellorar.

Accede á entrevista copiando e pegando a seguinte ligazón: 

https://www.instagram.com/p/CMNHtw-ouTX/ 



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario