Hoxe é o primeiro día desta viaxe que realizaremos coas diferentes entidades que colaboran co proxecto PEINAS. A nosa labor durante estas semanas será a de plasmar as diversas actividades que se levarán a cabo nestas organizacións, a través de visitas (ás de Santiago de Compostela) e entrevistas axs nosxs compañeirxs e membrxs das propias asociacións.
Esta experiencia é novidosa para nós, pero, tamén é o comezo dunha nova modalidade no PEINAS, que comezamos con moitas ganas e ilusión. Aínda que non imos ter unha presenza tan "activa" nas entidades coma outras persoas, de seguro aprenderemos moito e desde unha perspectiva externa poderemos visualizar aquilo que quizais dun xeito interno non sería posible.
O noso obxectivo principal é servir de motivación para xs futurxs estudantes para que se animen a participar neste tipo de proxectos.
A semana que vén comezaremos coa nosa primeira entidade, esperamos que vos guste e que sigades con nós esta aventura, non dubidedes en transmitirnos as vosas opinións.
Inés e Ángela
No hay comentarios:
Publicar un comentario