Esta asociación que se estende ao longo de toda España,
traballa pola promoción integral da comunidade xitana desenvolvendo todo tipo
de accións que contribúan a alcanzar a plena cidadanía das persoas xitanas, a
mellorar as súas condicións de vida, a promover a igualdade de trato e a evitar
toda forma de discriminación, así como promover o recoñecemento da identidade
cultural da comunidade xitana.
Concretamente, as súas actuacións encádranse no ámbito do
traballo, a educación, a vivenda, a inclusión social, a igualdade de trato e de
xénero, a acción internacional, e a promoción da cultura.
Dentro da fundación, traballamos nun proxecto chamado
PROMOCIONA, que se puxo en marcha no 2009, é financiado polo Fondo Social
Europeo. Ten como obxectivo que os xitanos máis novos rematen a Educación
Secundaria Obrigatoria e continúen estudando, o que lles permitirán ter
mellores condicións de acceso ao mercado laboral.

Está dirixido aos distintos axentes que participan no
proceso educativo dos menores, pero os principais protagonistas son os alumnos
e as familias.
Trabállase en tres niveis
de intervención, o individual, o grupal e o sociocomunitario, pero nós
centrámonos no nivel grupal, mediante o cal levamos a cabo sesións de apoio
escolar e de acción grupal cos rapaces e rapazas, para que traballaran as
competencias básicas e transversais, mentres se lles ofrecía apoio para
reforzar os seus coñecementos nas distintas asignaturas.
Dende que comezamos o proxecto PEINAS aprendemos un
montón de cousas que descoñecíamos sobre a etnia xitana e démonos conta de como
cambiou o noso punto de vista cara eles, posto que vivimos nunha sociedade chea
de estereotipos e prexuízos que, aínda sen querelo, acaba influíndo nas nosas
vidas.
A medida que fomos traballando cos nenos e nenas xitanas
puidemos observar a pouca importancia que os pais destes lle conceden á
educación, pero aínda así, a pesar de que moitos non teñen un nivel educativo
adecuado para a súa idade, algún deles si que se interesan por aprender.
Nas súas familias non teñen referentes con carreiras
universitarias ou grados superiores, e por iso non contan cun apoio familiar
que os guíe, e que lles motive cos estudos. Isto non se da en tódolos casos, e
grazas a esta fundación, esperamos que isto vaia cambiando e nuns anos non
existan este tipo de problemas.
Outras das cousas interesantes que aprendemos foi que
existen numerosos mitos sobre eles, como o de que lle pagan por asistir á
escola, que non son certos, e que provoca que teñan unha peor imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario