Médicos do mundo é unha organización sanitaria de voluntariado que atende en máis de 60 países, concretamente en España está presente na maioría das comunidades autónomas.
O obxetivo principal que se pretende lograr é atender a aquelas persoas en risco de exclusión, xa sexa por motivos económicos, situacións de violencia de xénero, víctimas da crisis… todo isto basándose no dereito á saúde (Artículo 25 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, 1948) do que somos portadores, sin diferenciación por motivos de raza, xénero, relixión, etc.
Os medios mediante os cales se pretenden lograr istes obxetivos marcados son accións básicas cómo a sensibilización, a educación ou a denuncia, pero todas elas desde una visión básicamente social, de modificación e progreso dos valores e comportamentos que caracterizan a nosa comunidade.
O noso papel na entidade consiste na elaboración dun Proxecto de Educación para o Desenvolvemento co que pretendemos fomentar entre os alumnos da ESO conductas e actitudes positivas cara á inmigración e fomentar a súa acción participativa e transformadora na defensa do dereito e acceso a Saúde.
O proxecto levarase a cabo en diferentes IES da zona de Santiago de Compostela, con varias sesión de aula dirixidas a xerar conciencia crítica e sensibilizar sobre a igualdade das persoas e a universalidade dos Dereitos Humanos, en especial do Dereito a Saúde.
Rocío, Oscar, Fátima e Amaia
Médicos do Mundo - Santiago de Compostela
No hay comentarios:
Publicar un comentario