miércoles, 25 de marzo de 2015

Comezamos a contarvos as diferentes experiencias. CRUZ VERMELLA - Pontevedra.

Somos Antela, Natalia e Nazaret, alumnas de 2º de Pedagoxía que participamos no proxecto PEINAS (Programa de Aprendizaxe-Servizo) da asignatura de Pedagoxía Intercultural. Dende fai un mes, empezamos a facer o noso servizo na Cruz Vermella en Pontevedra e entramos a traballar nun programa de Mediación Social con nenos. 
Cada unha de nós traballa cun grupo diferente, todos eles moi diversos en canto á idade, cultura e procedencia dos nenos. 

O noso traballo consiste en axudarlle aos cativos coas súas tarefas da escola durante a primeira metade da xornada, despois os rapaces merendan e realizamos xogos e actividades con fins lúdicos e educativos nos cales tratamos diferentes temas de interese cultural e educativo, coma o respecto polo medio ambiente, a igualdade de xénero, a interculturalidade, etc; que teñen como obxectivo integrar e socializar aos nenos e que aprendan a convivir respectándose entre si.

Estanos resultando unha experiencia moi enriquecedora, xa que non soamente nos familiarizamos co labor que teremos que realizar na nosa posible futura profesión, ensinándolle aos rapaces, senón que tamén nós estamos aprendendo moito deles, das súas experiencias. É unha oportunidade para poñer en práctica técnicas de ensino, xogos e actividades coas que podemos traballar unha gran variedade de temas educativos moi interesantes.

Antela, Natalia e Nazaret
Cruz Vermella - Pontevedra

No hay comentarios:

Publicar un comentario