Por:
Jéssica Valije González
Sara Otero Tapia
Carla Silva López
O noso grupo realizou unha entrevista a orientadora do I.E.S Xulián Magariños (Negreira), Cristina Galdo. Falamos de diversos temas relacionados coa xestión da diversidade nos centros educativos. Algúns deses temas son:
- As funcións dos Departamentos de Orientación en relación á xestión da Diversidade.
- Os Plans de convivencia e de Acollida nos centros.
- Potencialidades e problemáticas derivadas da convivencia multicultural nun centro educativo.
- Metodoloxías que se poden empregar para traballar a convivencia nos centros.
- Anécdotas e aprendizaxes en relación á xestión da diversidade.
En dita entrevista, Cristina comentounos estes temas dende a súa experiencia profesional.
O seu é un centro semiurbano no que a maioría de persoas non orixinarias de Galicia son de familias marroquís ou de latinoamerica. Unha das partes que destacaríamos é a importancia que lle dá ao traballo en equipo dentro do centro e a colaboración do alumnado para conseguir unha boa convivencia dentro do mesmo.
Así mesmo, queremos resaltar que no seu IES existen dúas metodoloxías para xestionar as problemáticas que xorden no centro, entre elas as ocasionadas pola diversidade. Un deles é o plan de mediación, onde uns/unhas alumnos/as teñen como labor mediar entre os conflitos que se poidan orixinar entre outras/os compañeiras/os do centro educativo. O outro método é o de Alumno/a-Titor/a, no cal un/ha alumno/a dun curso superior, ten como responsabilidade velar polo benestar dos/as compañeiros/as que chegan novos ao centro.
A maiores contounos algunha anécdota do seu paso polos centros e deu un consello final para todo aquel que queira traballar como orientador/a.
Atopa a entrevista copiando e pegando a seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario