jueves, 22 de abril de 2021

OLLADAS_04: XESTIÓN DA DIVERSIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Por:

Jéssica Valije González

Sara Otero Tapia

Carla Silva López

Paula Sarrapio Fariña

 

 

 

O noso grupo realizou unha entrevista a orientadora do I.E.S Xulián Magariños (Negreira), Cristina Galdo. Falamos de diversos temas relacionados coa xestión da diversidade nos centros educativos. Algúns deses temas son:

  • As funcións dos Departamentos de Orientación en relación á xestión da Diversidade.
  • Os Plans de convivencia e de Acollida nos centros.
  • Potencialidades e problemáticas derivadas da convivencia multicultural nun centro educativo.
  • Metodoloxías que se poden empregar para traballar a convivencia nos centros.
  • Anécdotas e aprendizaxes en relación á xestión da diversidade.

 

En dita entrevista, Cristina comentounos estes temas dende a súa experiencia profesional. 

O seu é un centro semiurbano no que a maioría de persoas non orixinarias de Galicia son de familias marroquís ou de latinoamerica. Unha das partes que destacaríamos é a importancia que lle dá ao traballo en equipo dentro do centro e a colaboración do alumnado para conseguir unha boa convivencia dentro do mesmo.

Así mesmo, queremos resaltar que no seu IES existen dúas metodoloxías para xestionar as problemáticas que xorden no centro, entre elas as ocasionadas pola diversidade. Un deles é o plan de mediación, onde uns/unhas alumnos/as teñen como labor mediar entre os conflitos que se poidan orixinar entre outras/os compañeiras/os do centro educativo. O outro método é o de Alumno/a-Titor/a, no cal un/ha alumno/a dun curso superior, ten como responsabilidade velar polo benestar dos/as compañeiros/as que chegan novos ao centro.

A maiores contounos algunha anécdota do seu paso polos centros e deu un consello final para todo aquel que queira traballar como orientador/a.

Atopa a entrevista copiando e pegando a seguinte ligazón:

https://www.instagram.com/tv/CNvNQzvoJAn/ 




lunes, 5 de abril de 2021

OLLADAS_03: MEDIACIÓN INTERCULTURAL

Por:

Nerea Zarauza Andrade

Martina Suárez Muradas

Ana García Lestón

Iria Motrel Cacho

 

 

Nunha sociedade na que conviven diferentes culturas(multiculturalidade) é necesario levar a cabo un proceso de interculturalidade. Este favorecerá ao desenvolvemento dunha educación enfocada no pluralismo cultural, basada na diversidade, na igualdade, no respecto e na comunicación. 

Para levar a cabo o proceso de interculturalidade será necesaria a intervención dun/dunha mediador/a intercultural. O día 22 de Marzo tivemos a oportunidade de entrevistar a José Losada Enríquez, técnico de educación no Concello Xinzode Limia. A partir da conversa con este profesional, contextualizamos a realidade do seu Concello, en concreto, e da situación xeral das persoas migrantes.

Pese ao esforzo de moitas persoas e os numerosos programas adicados á consecución dunha sociedade intercultural, na actualidade seguimos atopándonos con diversas dificultades, tanto a nivel administrativo como social. Esta realidade ponnos de manifesto o longo camiño que queda por percorrer. Mediante a participación de José Losada, puidemos darlle máis visibilidade a unha profesión e a un tema un tanto descoñecido a día de hoxe, amosándonos ademais a importancia da educación como base do enriquecemento social; tendo así expectativas de deixar atrás unha sociedade ata o momento utópica para facela realidade.

Accede á entrevista na seguinte ligazón:

https://www.instagram.com/p/CM2vF8DDm_r/




miércoles, 10 de marzo de 2021

OLLADAS_02: CONVERSATORIO DE REVISTA HABLADA: RACISMO E INTERSECCIONALIDADE

Por

Paula Campos Álvarez

Lucía Iglesias Tallón

 

A nosa colaboradora nesta entrevista é Johely Barrios, unha muller de 25 anos natural de Colombia que, actualmente, vive en Baiona. Conversando con ela puidemos decatarnos da fatídica existencia que o racismo segue tendo entre os/as membros/as da nosa sociedade.

Pero nesta charla ,non falamos do racismo en xeral ,senón do racismo cara as mulleres inmigrantes, as cales sofren  a carga de ser muller, ademais da de pertencer a outra cultura nunha sociedade autóctona que aínda non descubriu o significado e importancia da palabra inclusión. Profundizamos en temas como a fetichización das mulleres latinas, a apropiación cultural das mulleres brancas sobre características doutras culturas, adificultade que unha muller inmigrante ten para conseguir un traballo digno, a extrema necesidade de inclusión, os microracismos e, por suposto, como se pode afrontar este tema dende un punto de vista educativo. 

Consideramos que a mensaxe, que Johely nos pretende transmitir é de vital importancia para que a humanidade evolucione, para que os prexuízos raciais e machistas desaparezan, para que a inlcusión sexa unha realidade nos centros educativos e nas relacións sociais e, sobre todo, para que a muller sexa respetada en todo o mundo. Coñecer o punto de vista dunha persoa que viviu todo o proceso de adaptación, que loitou e segue loitando, por triunfar nun mundo hostil e descoñecido, que sendo muller e inmigrante conseguiu superar esas barreiras para ser hoxe unha xoven independente e con unha carreira ascendente...

Coñecer esta opinión é realmente beneficioso para as nosas mentes en proceso de aprendizaxe,e ,ademais, realmente beneficioso para a sociedade,á que tanto lle queda por aprender e mellorar.

Accede á entrevista copiando e pegando a seguinte ligazón: 

https://www.instagram.com/p/CMNHtw-ouTX/ 



 


martes, 2 de marzo de 2021

OLLADAS_01: OS PREXUÍZOS (Entrevista á pedagoga Kateline De Brito)

Por:

Ana Salgado Martínez

Julieta Sofía Álvarez Demedice

Paula Barreiro Rodríguez

Zaira María Abuín García

 

 

Damos a benvida ao proxecto PEINAS (Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo), o cal constitúe unha experiencia desenvolvida na Universidade de Santiago de Compostela (USC) por, en gran parte, os alumnos/as do 2o curso do Grao en Pedagoxía. O alumnado aprende realizando un servizo no marco de entidades que traballan por e para a interculturalidade.


A primeira temática do proxecto PEINAS, que permitirá que a experiencia empece a florecer, trata sobre Prexuízos e a Pedagoxía Intercultural. Por iso, debemos ter claros os seguintes aspectos:


● Por unha banda, ​ un prexuízo é unha actitude, crenza ou opinión que non se basea nunha experiencia ou nunha información suficiente como para alcanzar unha conclusión rotunda. De forma literal, defínese como un “xuízo previo”. Ademais, os prexuízos producen unha especie de cegueira na conciencia ordinaria, que se satisfaría con coñecemento.


● Por outra banda, a Pedagoxía Intercultural é a reflexión sobre a educación, entendida como elaboración cultural, baseada na valoración da diversidade cultural. Promove a práctica educativa dirixida a todos os/as membros da sociedade no seu conxunto. Propón un modelo de análise e de actuación que afecte a todas as dimensións do proceso educativo. Trátase de lograr a igualdade de oportunidades, a superación dos prexuízos culturais e a adquisición da
competencia intercultural en todas as persoas, sexa cal for o seu grupo cultural de referencia.


A continuación, convidámosche a ti, ciberamigo/a, a que contemples a seguinte entrevista. A mensaxe que transmite é moi importante e necesaria e, o testemuño de Kati, non che fará sentir indiferente. 

Aquí a ligazón:

https://www.instagram.com/p/CL2TltTj1P7/?utm_source=ig_web_button_share_sheet&fbclid=IwAR1wB21O-3TwhGtLFF3xMFpmul9HhFOB_MmUlAFidoX4ntZFOl_vmFA027s

 

 

Gustaríanos compartir algunhas reflexións que nos suscitou esta entrevista:

En primeiro lugar, é de vital importancia posuír un pensamento flexible e unha mente ben aberta que nos permitan, a todos/as, apreciar e entender o enriquecedora que é realmente a diversidade. Ademais, sen abolir os devanditos prexuízos nunca poderemos vivir en comunidade, en sociedade. 

Debemos traballar con, por e para a sociedade. Tras unha incrible conversación con Kataline, pedagoga moi decidida, podemos reflexionar sobre se a interculturalidade debe pasar necesariamente por unha intervención específica cos colectivos migrantes ou se ben debe ser unha intervención máis integral na sociedade relacionada co antirracismo. Tamén, a pesar de que a educación é un motor fundamental para cambiar o mundo, deben intervir outros factores que xogan un papel fundamental para alcanzar esa utopía chamada inclusión como, por exemplo, o Estado e a súa lexislación.

En segundo e último lugar, e non por iso menos importante, queremos loitar para que o aprendizaxe-servizo chegue a ser entendido como un vector de innovación que, co concurso doutras estratexias e tendo en conta a realidade mundial actual, pode supoñer unha mellor conexión entre as dimensións académicas e sociais da aprendizaxe.


Para quen prefira o texto, anexamos tamén un pequeno relato da nosa protagonista que elaboramos a través da entrevista:

O seu nome é Kataline, aínda que todos/as a coñecen máis por Kati. Ten 23 anos, é pedagoga e opina que o proxecto PEINAS é moi interesante e necesario, sobre todo nunha carreira como Pedagoxía.


Kati naceu en Cabo Verde, concretamente en Assomada, unha rexión que se atopa na illa de Santiago. Por mor das voltas que da a vida, vive actualmente cos seus pais e a súa irmá pequena en Burela, un municipio que pertence á provincia de Lugo. Desta forma, Kati viviu 13 anos en Cabo Verde e 10 anos en Galicia. Como sabemos, pasou a súa infancia en Assomada e as principais diferenzas culturais máis significativas que aprecia entre os lugares onde viviu son a nivel social.
Cóntanos do proceso de socialización que no lugar onde naceu as persoas se relacionan fundamentalmente nas rúas e que todas elas se coñecen,  caracterizándoo como un proceso máis comunitario; en cambio, aquí relegamos a socialización a un ámbito moito máis íntimo, aínda que sinala que todo está a cambiar por motivo do Covid-19. Por este motivo, cando chegou a España
sentiuse encarcerada, pois deuse conta de que aquí as persoas só saímos á rúa cando temos un plan concreto como, por exemplo, tomar un café. Un dato curioso que expresa é que en Cabo Verde non é habitual falar do tempo climatolóxico ao contrario que en España, pois este non varía.


Un aspecto moi importante na vida de todos/as e no que reflexionamos máis ben pouco é na identidade. Kati séntese fundamentalmente caboverdiana, debido a que naceu alí, do mesmo xeito que a súa familia, e as súas raíces son esas. Con todo, tamén se sente española porque o seu fogar agora está aquí, do mesmo xeito que a súa familia máis próxima, e, de feito, a súa irmá naceu aquí.


Ademais, sinala que adoptou moitas dos costumes e tradicións españolas. Debemos ter en conta que a adolescencia é unha etapa vital complicada en todos os sentidos, pois nela afóganos un gran sentimento de incomprensión. Cando Kati chegou a España incorporouse en 3o da ESO e esta incorporación está marcada por un gran fallo do sistema: pertencía a unha clase específica e apartada, na que os seus compañeiros/as eran caboverdianos/as e repetidores/as de curso, polo
que desde o propio centro educativo non se fomentaron a inclusión e a integración cultural. Este feito provocou que tivese un conflito interno en canto á súa identidade e se preguntase como serían as cousas se nacese aquí. 

Afortunadamente, Kati di que nunca viviu unha situación de racismo explícito, pero en múltiples ocasións cando di que é de Burela volven preguntar cal é a súa orixe. Da mesma forma, cando fala castelán ou galego todos/as se sorprenden e dinlle que o fala estupendamente. Con todo, o que máis nos impactou, entre outras vivencias, é que lle chegaron a tocar o pelo pola rúa por resultar un trazo exótico e unha perruqueira, o día da súa gradación, preguntoulle directamente se a ela lle gustaba o seu pelo.


Por outra banda, tal é como nos afirmou Kati, a Pedagoxía é unha ciencia que abarca moitos ámbitos, aínda que moitos deles non se coñecen, é dicir, existe un elevado grao de, xa que moitas veces a sociedade asociaia unicamente ao ámbito educativo ou a outro grao de estudos. Deste xeito, ela afirmou que o ámbito que máis lle interesaba era o da Intercuturalidade, aínda que como afirmabamos anteriormente é un espazo moi pouco visible pero a súa vez moi necesario.


Ademais, falando dos prexuízos, a entrevistada afirmou que para ela son actitudes ou pensamentos negativos cara grupos específicos de persoas pero que aínda que os consideremos algo malo para o avance da nosa sociedade é certo que todas as persoas temos algún, algo que deberiamos cambiar.
Desta forma, Kati considera que un dos grupos sociais cara o que se ten máis prexuízos é cara aquelas persoas que non encaixan no prototipo de individuos da nosa sociedade, por exemplo, ela afirmaba que en moitas ocasións observaba determinados prexuízos cara a xente negra, unicamente polo feito de ser diferentes fisicamente, fomentando deste xeito o racismo e a discriminación. 

Polo tanto, esta existencia de prexuízos da lugar, en moitas ocasións, a que as persoas que os reciben presenten unha falta de aceptación de si mesmos, provocando unha menor autoestima. A modo de conclusión, deberiamos esixirnos unha maior autocritica para poder determinar cales son as cousas que facemos mal ou que poden afectar negativamente a un determinado grupo da sociedade e deste xeito, intentar melloralas ou erradicar aquelas actitudes ou aspectos negativos. Ademais, debemos educar na inclusión e fomentar a diversidade.


jueves, 5 de marzo de 2020

Presentación

Hoxe é o primeiro día desta viaxe que realizaremos coas diferentes entidades que colaboran co proxecto PEINAS. A nosa labor durante estas semanas será a de plasmar as diversas actividades que se levarán a cabo nestas organizacións, a través de visitas (ás de Santiago de Compostela) e entrevistas axs nosxs compañeirxs e membrxs das propias asociacións. 

Esta experiencia é novidosa para nós, pero, tamén é o comezo dunha nova modalidade no PEINAS, que comezamos con moitas ganas e ilusión. Aínda que non imos ter unha presenza tan "activa" nas entidades coma outras persoas, de seguro aprenderemos moito e desde unha perspectiva externa poderemos visualizar aquilo que quizais dun xeito interno non sería posible.

O noso obxectivo principal é servir de motivación para xs futurxs estudantes para que se animen a participar neste tipo de proxectos. 

A semana que vén comezaremos coa nosa primeira entidade, esperamos que vos guste e que sigades con nós esta aventura, non dubidedes en transmitirnos as vosas opinións.

Inés e Ángela

lunes, 14 de mayo de 2018

Cáritas Santiago de Compostela - 2018

 ¿Dónde?: Cáritas en Santiago de Compostela. Centro Social Cáritas Interparroquial y Departamento de empleo.

¿Qué hacemos?: hay dos ámbitos de participación en esta asociación. Uno es la ludoteca donde se trata de refuerzo escolar la primera hora, después hay un tiempo para la merienda que la proporciona el lugar y luego se hacen actividades con los niños que pueden ser temáticas como los hábitos saludables. Otro sería el departamento de cultura y empleo donde lo que se busca,por una parte, es proporcionar asesoramiento administrativo-jurídico a familias sin recursos y por otro lado ayudar al colectivo inmigrante o a familias desfavorecidas a encontrar empleos en la ciudad ofreciendoles las ofertas casi diarias que llegaban a la oficina.


¿Con quién?: Los destinatarios de esta actividad son, en el caso de el centro social de Cáritas, mayoritariamente niños inmigrantes de corta edad y en el caso del departamento de cultura y empleo padres y madres de familias en riesgo de exclusión social y con pocos recursos


¿Para qué?: Realizar este proyecto nos ha proporcionado experiencia tanto en el ámbito educativo como en el social. En el caso de la ludoteca, nos ofreció autonomía ya que estábamos en total libertad creativa para enseñarles de la forma que quisiéramos y creyéramos positiva y más conocimientos y experiencia a la hora de tratar con niños pequeños. En el caso de la oficina de cultura y empleo,vimos la dura realidad de tantas familias que disponen de muy pocos recursos para sobrevivir y la necesidad de un cambio a nivel estatal a favor de los colectivos inmigrantes.


Laura Fernández 
Uxia Ramos
Rocio Linares

miércoles, 9 de mayo de 2018

Proxecto Vagalume 2018


Grazas o Proxecto Peinas participo no Programa Vagalume de Santiago de Compostela, desde onde se lles presta apoio e asesoramento a mulleres en contextos de prostitución e/ou victimas de trata con fins de explotación sexual.
Acudo o centro, donde todas as participantes son mulleres inmigrantes, os luns e os xoves de catro a sete da tarde. 
O primeiro día de semana acudo a clase cunha das educadoras sociais donde traballamos diversos temas e logo dou clase de español a unha ou duas mulleres que teñen un baixo dominio da lingua.
Os xoves participo durante as tres horas nas actividades que reaciliza a outra educadora social, donde o igual que o luns abordamos diferentes temáticas. 
Solemos traballar con temas relacionados co feminismo, estereotipos de xénero, empoderamento da muller, migracións, cultura etc. Para isto empregamos diferentes métodos como videoforums, dinámicas de grupos, xogos…
Son diversas as aprendizaxes que me levo desta experienza ata o momento. Permitiume coñecer diversos métodos de dinamización de grupos, adquirin una maior soltura para falar en grupo e expresar as miñas ideas, aumento no dominio e profundización de conceptos do ámbito social, desarrollo de mecanismo de corrección de conducta e un maior dominio da competencia intercultural.
Tamén puden indagar e aplicar os meus propios métodos de ensino que buscaban captar a atención e o interés da/s alumna/s para que se producise unha aprendizaxe.

Celia López Díaz